A Asociación GDR Ribeira-Sacra Courel fará a rolda de prensa de Presentación Oficial do proxecto “Destino Courel”, o venres 12 de novembro ás 11:30 h. no Concello de O Incio (Praza de España, S/N).

Esta iniciativa, que abarca catro concellos da zona: Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, foi creada para a posta en valor do territorio e a creación dunha marca turística común.

Con case un ano de andaina, no xeodestino xa se fixeron numerosas iniciativas, centradas na creación e consolidación de produto turístico a través das novas tecnoloxías como a creación da imaxe corporativa e redes sociais, así como o un portal web propio www.destinocourel.org, unha plataforma online onde dispoñemos de ampla información turística do destino.

No acto presentarase estas iniciativas e actividades:

  • Obradoiro de emprendemento “Destino Courel”.
  • Xornada de creación de experiencias turísticas “Destino Courel”.
  • Xornada de presentación Club de Produto Turístico Gastronómico da Castaña e do Mel & Showcooking.
  • Imaxe corporativa, redes e páxina web.

Intervirán:

  • Dolores Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel.
  • Héctor Corujo, alcalde de O Incio.
  • Maria Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela.
  • Julio Gallego, alcalde de Samos.
  • Martín Alemparte Vidal, xerente do GDR Ribeira Sacra.
  • Paloma Vázquez, xefa da Área provincial de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo.
  • Xose Manuel Arias, presidente do GDR Ribeira Sacra.
logo