ACTIVIDADES

SHOWCOOKING DO "DESTINO COUREL"

Mércores 1 de decembro | Mesón Pontenova | Samos | 18:00 – 20:00 |30 prazas

O obxectivo deste Showcooking é mostrar o potencial da CASTAÑA e do MEL, que serán os produtos diferenciadores e estrela do CLUB DE PRODUTO turístico gastronómico da Castaña e do Mel que estamos a crear e do que tamén falaremos durante este evento.

Faremos 3 pratos nos que a diferenza estará no uso destos ingredientes. Elaboraremos un prato vexetariano, un guiso de prato principal e unha sobremesa.

O showcooking ten prazas limitadas, así que fai a túa inscrición canto antes!

IMPORTANTE

Se tes algunha intolerancia ou alerxia que definitivamente che impida participar, poñerémonos en contacto contigo para informarte e ver as posibilidades para que poidas asistir ao Showcooking.

GRAZAS POR ASISTIR. VÉMONOS NO PRÓXIMO!

OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO DO "DESTINO COUREL"

Mércores 24 de novembro | Centro Social Fonte do Lunar | Triacastela | 20 prazas

Un dos pilares básicos do emprendemento local radica no nivel de desenvolvemento do entorno, onde o emprendedor pretende executar a súa actividade. Factores como a cultura, a formación e incluso a financiación ou o apoio dispoñible por parte das entidades públicas dun lugar son fundamentais na toma de decisións, os valores adquiridos, a traxectoria e o éxito dunha actividade empresarial no mesmo.

Descarga aquí o DOSSIER DO OBRADOIRO.

Segue á dereita para ver cal foi o programa do obradoiro.

VÉMONOS NA PRÓXIMA EDICIÓN!

PROGRAMA

16:00 – 16:15 h.
Benvida e introdución ao workshop.

16:15 – 16:45 h.
Cultura emprendedora: dos 0 aos 100 anos.

16:45 – 17:15 h.
Como podo rendibilizar a miña estrutura ou o meu territorio?

17:15 – 18:00 h.
Videos de inspiración e análise de casos de éxito.

18:00 – 18:30 h.
PAUSA CAFÉ & NETWORKING.

18:30 – 19:00 h.
Oportunidades no Destino Courel.

19:00 – 19:30 h.
Emprender coa castaña e o mel, unha visión diferenciadora!

19:30 – 20:15 h.
Dinámica do descubrimiento.

20:15 – 20:30 h.
Recapitulación e Clausura.

XORNADA DE CREACIÓN DE EXPERIENCIAS TURÍSTICAS

Xoves 25 de novembro | Centro Sociocultural Fondo de Vila | Folgoso do Courel | 40 prazas

Co obxectivo de dinamizar turísticamente o territorio, unha das accións máis importantes a desenvolver será a celebración desta xornada. Crear experiencias implica apostar polo local, pola orixe e pola propia esencia de cada destino. Significa ofrecer unha alternativa aos consumidores, permitíndolles interactuar de forma máis activa, sensitiva e emocional co entorno.

Segue á dereita para ver cal foi a xornada.

VÉMONOS NA PRÓXIMA EDICIÓN!

PROGRAMA

PARTE I

16:00 – 16:30 h.
Presentación da I Xornada de Creación de Experiencias Turísticas do Destino Courel.

16:30 – 17:00 h.
Cómo rentabilizar a miña actividade a través do turismo experiencial:
Presentación e análise de casos de éxito en territorios e realidades semellantes.

17:30 – 18:00 h.
O negOCIO do gLOCAL.

18:00 – 18:30 h.
PAUSA CAFÉ & NETWORKING.

 

PARTE II

18:30 – 20:00 h.
Workshop “Creación de experiencias de ocio e turismo”.

20:00 – 20:30 h.
Novas canles de comercialización.

20:30 – 21:00 h.
Recapitulación e Clausura.

logo