Xa podes inscribirte á Xornada de Creación de Experiencias do Destino Courel!

Queda aberta a convocatoria para as actividades de presentación do Destino Courel, entre o que se atopa esta xornada.

Será o 25 de novembro no Centro Sociocultural de Fondo da Vila en Folgoso do Courel e dispoñemos dun total de 40 prazas.

XORNADA DE CREACION EXPERIENCIAS

Co obxectivo de dinamizar turisticamente o territorio, unha das accións máis importantes a desenvolver será a celebración dunha Xornada de Creación de Experiencias Turísticas “Destino Courel”.

Crear experiencias implica apostar polo local, pola orixe e pola propia esencia de cada destino. Significa ofrecer unha alternativa aos consumidores, permitíndolles interactuar de forma máis activa, sensitiva e emocional co entorno.

A través da creación de experiencias turísticas por parte dos produtores do territorio, presentase un novo nicho, aparte de visibilizar o potencial turístico do destino dando a coñecer os seus produtos ou servizos, o talento dos seus profesionais e creando á súa vez novas oportunidades.

O desenvolvemento de novas experiencias supón para os produtores abrir unha nova liña de negocio que lle axude a rendibilizar a súa estrutura e diversificar a súa actividade. Unha proposta de colaboración innovadora que permite beneficiarte do traballo en rede e da vantaxe de utilización das novas tecnoloxías; para atraer recursos e poboación ata os destinos locais.

logo